Gañemos Barcelona


firmaprimeiras adhesiónspersoas adheridas

Vivimos tempos de cambios profundos. Aproveitando o contexto de crise, os poderes económicos emprenderon unha aberta ofensiva contra os dereitos e as conquistas sociais da maioría da poboación. Non embargante, o anhelo dunha democracia real é cada vez máis intenso nas prazas, na rúa, na rede, mas tamén nas urnas.

Nos últimos anos, multitude de movementos e iniciativas cidadás denunciaron a estafa que estamos a padecer e evidenciaron a incapacidade da vella política para dar resposta ás necesidades da xente. Estas iniciativas, porén, toparon a miúdo coa arrogancia dunhas elites que se senten impunes, que non corrixen os seus erros e que agora nos queren impoñer unha segunda transición para que nada cambie.

Non nos podemos permitir un bloqueo institucional dende arriba que nos deixe sen futuro. Temos que fortalecer, máis que nunca, o tecido social e os espazos de autoorganización cidadá. Mas chegou a hora, tamén, de reapropiármonos das institucións para poñelas ao servizo das maiorías e do benestar común.

Para demostrar que o sabemos facer doutro xeito temos que ir paseniño e devagar. E o primeiro paso é empezar por aquilo que coñecemos de preto: o ámbito municipal, a nosa cidade, os nosos barrios.

Barcelona é un espazo decisivo para impulsar a rebelión democrática que fai falta. En primeiro lugar, porque xa conta cun tecido asociativo e reivindicativo capaz de facer realidade proxectos de cambio ambiciosos. En segundo lugar, porque unha rebelión democrática en Barcelona non sería un fenómeno meramente local. Conectaría con moitas iniciativas irmás que buscan romper dende abaixo co actual réxime político e económico. No noso país, no conxunto do Estado e na Europa.

Porque cremos no dereito a decidir, queremos decidir, aquí e agora, como ha de ser a Barcelona que necesitamos e desexamos.

Queremos unha cidade que promova a honestidade dos gobernantes e que impida a conivencia mafiosa entre política e diñeiro. Hai que poñer fin á acumulación de cargos, limitar soldos e mandatos, impulsar axendas transparentes e establecer mecanismos efectivos de control dos responsábeiss públicos. Queremos un novo contrato ético entre cidadanía e representantes.

Temos que encontrar a forma de deter e reverter as desigualdades insultantes que se produciron nos últimos anos. Queremos unha cidade sen desafiuzamentos nin malnutrición, onde a xente non se vexa condenada a vivir ás escuras ou a padecer aumentos abusivos no prezo do transporte público. O acceso á vivenda, á educación, á sanidade, a unha renda mínima, deben ser dereitos garantidos a todos e non privilexios ao alcance dunha minoría.

Queremos unha auténtica democracia metropolitana, que obrigue os representantes a mandar obedecendo. Unha democracia con descentralización e elección directa dos concelleiros e concelleiras de distrito, con controis sociais sobre os presupostos e con iniciativas e consultas cidadás vinculantes que axuden a tomar decisións compartidas e lexitimadas.

Necesitamos unha Barcelona acolledora pero disposta, tamén, a arrepor aos grandes lobbys financeiros, inmobiliarios e turísticos. Necesitamos institucións que aposten pola economía social e pola creación de emprego sostíbel. A contratación pública deberá respectar criterios de xustiza social e ambiental.

Non queremos unha cidade que venda o patrimonio urbano ao mellor ofertante. Queremos institucións que recuperen o control democrático da auga, que impulsen medidas fiscais e urbanísticas que acaben coa especulación de chan e fomenten políticas enerxéticas e de transporte ecoloxicamente sostíbeis.

Moitas destas iniciativas son defendidas, dende hai tempo, por movementos sociais, veciñais e sindicais e por diferentes espazos políticos. Pero non as poderemos levar a cabo sen a implicación de amplos sectores da sociedade.

Rescatar a democracia dos poderes que a manteñen secuestrada é un reto difícil, ambicioso, pero ao mesmo tempo apaixonante. Esixe a xestación de novos instrumentos de articulación social e de intervención política onde se encontre a xente organizada e a que comeza a mobilizarse. A que leva tempo loitando e a que se sente estafada pero anhela ilusionarse cun proxecto común.

Por iso impulsamos esta Plataforma cidadá. Para construír unha candidatura de confluencia, con vocación gañadora, de maiorías. Unha candidatura que entusiasme, que teña presenza nos barrios, nos lugares de traballo, no mundo da cultura, e nos permita transformar as institucións en beneficio da xente.

Non queremos nin unha coalición nin unha mera sopa de letras. Queremos evitar as vellas lóxicas de partido e construír novos espazos que, respectando a identidade de cada un, vaian máis alá da suma aritmética das partes que os integran. Pensamos que a nosa cidade reúne as condicións para facelo pos.

Non hai unha fórmula máxica para resolver as dificultades que nos encontraremos no camiño. Teremos que camiñar preguntando e teremos que facelo sen medo. As mellores experiencias demóstrannos que se nos organizamos a partir de obxectivos e prácticas concretas, poderemos alcanzar metas que parecían impossíbeis.

Malia a dureza da crise, abriuse unha greta histórica que non podemos nin queremos desaproveitar. Vivimos tempos excepcionais que esixen iniciativas valentes e creativas. Se somos capaces de imaxinar outra cidade, teremos o poder de transformala.

Invitámoste a pensalo xuntos o próximo 26 de xuño. Por nós, polos que nos precederon no empeño e polos que virán. Chegou a hora de demostrar que é posíbel construír unha cidade diferente. Chegou o momento de gañar Barcelona.

Se somos capaces de imaxinar outra cidade, teremos o poder de transformala.

Invitámoste a pensalo xuntos o próximo 26 de xuño. Por nós, polos que nos precederon no empeño e polos que virán. Chegou a hora de demostrar que é posíbel construír unha cidade diferente. Chegou o momento de gañar Barcelona.

firmaprimeiras adhesiónspersoas adheridas